O programa Paso a Paso 2017/2018 incorpora novos servizos - ONG MESTURA
17819
post-template-default,single,single-post,postid-17819,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

O programa Paso a Paso 2017/2018 incorpora novos servizos

O programa “Paso a Paso” estruturouse tendo en conta as diferentes necesidades e prioridades detectadas entre a poboación migrante desempregada e o mercado laboral, articulando un servizo socio laboral especializado en coordinación e apoio ao labor prestado por parte dos Servizos Sociais municipais e o Servizo Público de Emprego de Galicia, facilitando a inserción socio laboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.

Ademais na edición 2017/2018 incluíronse un Servizo de Conciliación, un Servizo de Itinerarios de Inserción, un Servizo de Asesoramento Xurídico e un Servizo de Mediación.

Grazas ao Servizo de Conciliación beneficiaranse polo menos 40 familias e máis de 50 nenos e nenas que serán sensibilizados nos talleres e dinámicas de apoio e reforzo educativo.

Polo Servizo de Itinerarios de Inserción estímase que 30 persoas levaran a cabo un itinerario.

No caso do Servizo de Asesoramento Xurídico prevese que polo menos 30 persoas fagan uso del, e, calcúlase que case o 30% dos/as participantes que son atendidos precisen un acompañamento nos tramites.

O Servizo de Mediación estima traballar con ao redor de 50 persoas de forma directa e polo menos 10 profesionais serán sensibilizados/as.

O programa «Paso a Paso» está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 «Invierte en tu futuro». Obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para levar a cabo un servizo de inserción socio laboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.

logos financiadores union europea xunta de galicia

PASO A PASO CARTEL 2017/2018

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es