04 Out, 2018 Visitamos a destilería Vánagandr con Xoves Interculturais
Os rapaces e rapazas que participan en Xoves Interculturais visitaron este mércores a destilería Vánagandr en A Telva, A Coruña. Na galería podes ver como o propietario da firma, Enrique Pena González, acompañou ás visitantes explicándolles o proceso de creación desta xenebra galega e realizando unha cata co fin de percibir as súas características organolépticas. A destilería recibiu unha medalla de ouro e outra de bronce en competicións internacionais.
Xoves Interculturais está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.