03 Mai, 2018 Visita de traballo do comité do Fondo Social Europeo e da Comisión Europea á ONG Mestura
O 26 de abril os integrantes do comité de seguimento do programa operativo do Fondo Social Europeo 2014-2020 correspondente a 2017, con representantes da unidade do FSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e da Comisión Europea realizaron unha visita de traballo á ONG Mestura en Culleredo.
Na visita coñeceron a Sede da Ong Mestura en A Corveira e a Sede no Centro Municipal “A Escada” en O Burgo. Durante a xornada o comité estivo presente en diferentes actividades desenvolvidas pola entidade como as clases de español, a Horta Ecolóxica Interxeracional e un Café de Expertas. O acto rematou no Centro Cívico Municipal Virginia Blanco en Fonteculler onde os nosos usuarios e usuarias foron as/os protagonistas pois levaron a cabo unha cerimonia do té e elaboraron os pinchos que tomaron coa comisión.