SAIMI 2025 - ONG MESTURA
21526
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21526,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

SAIMI 2025

Acerca de este proyecto

O Programa SAIMI, na súa sexta edición, consolida ano tras ano o desenvolvemento dunha intervención de acompañamento psicosocial dirixida a mulleres migrantes en situación e/ou risco de exclusión.

Trátase dunha iniciativa orientada a prestar apoio ás participantes para que poidan comprender mellor as súas necesidades, facilitando a adquisición de habilidades e destrezas que lles permitan superar a situación de malestar que atravesan e mellorar o seu equilibrio emocional, psicolóxico e social, así como o seu desenvolvemento persoal, familiar, social e comunitario.

 

O Programa SAIMI ten coma obxectivo xeral o de continuar contribuíndo ao desenvolvemento integral, físico, mental e social de mulleres migrantes en situación e/ou risco de exclusión en todas as etapas de seu ciclo vital.

 

A proposta identifica os seguintes obxectivos específicos:

  • Brindar apoio psicoemocional ás mulleres participantes a través de atencións psicolóxicas individualizadas
  • Favorecer a creación de redes de apoio necesarias para estimular o intercambio de experiencias e coñecementos entre as participantes
  • Promover estilos de vida saudables a fin de reducir riscos relacionados coa saúde
  • Facilitar un espazo de encontro alternativo a mulleres pertencentes a diversos colectivos que posibilite a xeración de novas accións especificas no eido da promoción da saúde

 

Financiado por:

E ti, axúdasnos?