Categoria
Fotos
Acerca de este proyecto
O programa “Neneiras” ten como obxectivo mellorar a integración sociolaboral daquelas mulleres con cargas familiares que estean en situación de especial vulnerabilidade. Entre os obxectivos e necesidades sociais do proxecto pódense destacar: mellorar as competencias persoais e sociais que faciliten a súa inserción laboral, mellorar a súa situación psicoemocional e a súa autoestima, ademais de fomentar a repartición igualitaria da responsabilidade no fogar, como ferramenta para potenciar o emprego.
RESULTADOS:
As 134 mulleres participantes do servizo de tipo a) informáronse sobre todo tipo de recursos e entidades sociais.
As 43 mulleres integrantes das actuacións do servizo de psicoloxía melloraron o seu benestar psicoemocional a través das atencións tanto individuais como grupais.
25 mulleres asesoradas e informadas acerca dos trámites necesarios para resolver situación que requiran de orientación xurídica a través do servizo c).
11 mulleres acompañadas aos distintos sistemas públicos (sanitario, escolar) para a resolución de cuestións relativas á súa inclusión social.
66 mulleres participantes nalgunha das formacións adquiriron ou reforzaron coñecemento.
O servizo de orientación laboral permitiu ás 56 mulleres participantes mellorar as súas
posibilidades de acceso ao mercado laboral e fortaleceron habilidades, técnicas e
estratexias sociolaborais para enriquecer o seu perfil profesional.
PROGRAMA NENEIRAS 2018 – 2019
Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
PROGRAMA NENEIRAS
ONG MESTURA
Secretaría Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020
Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro
![](http://www.ongmestura.es/wp-content/uploads/2017/02/Xunta_Galicia_Portafolio.jpg)
![](http://www.ongmestura.es/wp-content/uploads/2017/02/Union_Europea_Portafolio.jpg)
![](http://www.ongmestura.es/wp-content/uploads/2017/02/Galicia_web_Portafolio.jpg)
![](http://www.ongmestura.es/wp-content/uploads/2020/01/XACOBEO-2021.png)
![](http://www.ongmestura.es/wp-content/uploads/2020/01/GALICIA.png)