O obxectivo deste programa é impulsar un programa de acción voluntaria que ofreza unha atención integral destinada á mellora do benestar social das persoas migrantes e/ou en risco de exclusión social da Área Metropolitana de A Coruña. Neste caso o programa tratou de favorecer a participación voluntaria de persoas maiores de 55 anos. A iniciativa contou con 8 persoas voluntarias.