Acerca de este proyecto
«Mesturas» é un programa destinado a promover a participación social das persoas que habitan no concello de Frades na vida municipal a través do desenvolvemento de actividades que permitan o intercambio de experiencias como poden ser:
- Bailoterapia: creación dun espazo que fomenta baile, música e exercicio físico e que contribúe a mellora do benestar físico e psicoemocional das persoas participantes.
- AlfabeTIC: formación para a adquisición e o fortalecemento das habilidades e competencias dixitais para reducir a fenda dixital e favorecer así a autonomía e a participación cidadá das persoas asistentes.
Financiado por Concello de Frades.