O Programa Galeuropa ten como finalidade reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais de mozos e mozas menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo así á mellora da súa formación e á adquisición profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.
Este ano 2017, a Ong Mestura é unha das entidades beneficiarias do Programa Galeuropa cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo. A través deste programa, 8 xoves poderán realizar prácticas en Braga (Portugal) durante 3 meses, en diferentes sectores laborais de acordo ao seu perfil profesional. As persoas interesadas en optar á mobilidade deberán estar inscritas en Garantía Xuvenil, cumprir o requisito de ter como mínimo 18 anos e presentar a súa solicitude por medio do seguinte cuestionario (https://emapic.es/survey/8CvkZ44), ademais enviar o Currículo Vitae (formato EUROPASS) e unha Carta de Motivación ao correo electrónico euromestura@ongmestura.es antes do 16 de agosto.