AULAS DE BABEL 2024 - ONG MESTURA
21131
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21131,ajax_fade,page_not_loaded,,no_animation_on_touch,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive,cookies-not-set
 

AULAS DE BABEL 2024

Acerca de este proyecto

«Aulas de Babel»

Un espazo socioeducativo con múltiples actividades para mozos e mozas de 6 a 17 anos de familias migrantes en situación vulnerable ou en risco de exclusión social.

Obxectivos

Mellora da aprendizaxe e adquisición de bos hábitos de estudo.

Orientación psicopedagóxica para a mellora do benestar emocional.

Educación en valores e habilidades sociais.

Promover un estilo de vida saudable

 

Ademais tamén inclúe:

Participación Familiar: as familias participan na escola de nais e pais, con reunións periódicas de seguimento.

Equipamento Tecnolóxico: este proxecto inclúe unha subvención de dispositivos electrónicos para mellorar as competencias dixitais e o rendemento académico.

Financiación

FOAXE 2024: Convocatoria para programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 19.200,00€ (78,42% do total do proxecto: 24.483,55€).
FOIE 2024: Convocatoria dos programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 12.888,00€ (80% do total do proxecto: 16.110,00€).
E ti, axúdasnos?