NENEIRAS 2023-2024 - ONG MESTURA
21074
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21074,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

NENEIRAS 2023-2024

Acerca de este proyecto

O Programa Neneiras (2023-2024) busca continuar contribuíndo á mellora da situación persoal, social e laboral de mulleres migrantes en situación e/ou risco de exclusión que habitan en territorios rurais da provincia de A Coruña, en particular nos concellos de Miño, Cerceda e Oroso. A iniciativa contempla o desenvolvemento dunha serie de actuacións dirixidas a implicar ás mulleres participantes para que sexan elas quenes asuman o control da súa vida, facilitando a toma de decisións de maneira autónoma. As mesmas procuran por un lado, proporcionar atención, orientación e asesoramento, e por outro, a creación de espazos de apoio e fortalecemento de habilidades que permitan favorecer a súa participación na sociedade galega en condicións de igualdade e dende a perspectiva de xénero.

Os Obxectivos específicos pretenden:

–   Garantir o acceso á información e orientación acerca dos recursos e servizos sociais
existentes, desenvolvendo procesos de derivación cara aos mesmos, cando sexa necesario.

–  Brindar apoio psicoemocional ás mulleres participantes a través do desenvolvemento de
atencións psicolóxicas

–   Proporcionar orientación e asesoramento xurídico ás participantes a fin de promover o
coñecemento dos dereitos e deberes que teñen coma cidadás e evitar, así, situacións de indefensión.

–   Previr os posibles conflitos derivados de factores culturais e do proceso migratorio entre as persoas que conforman a comunidade, favorecendo a comunicación positiva entre os seus membros.

–   Facilitar o desenvolvemento de habilidades e destrezas sociolaborais que permitan ás
mulleres participantes incrementar e/ou mellorar a súa empregrabilidade.

– Dotar ás participantes de técnicas, recursos e estratexias que aumenten ás posibilidades de acceso e mantemento no mercado de traballo.

 

Esta actuación da edición 23-24 foi cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus da Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021-27, co obxectivo de fomentar a Igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación na que se atopan as Mulleres en situación de especial Vulnerabilidade

E ti, axúdasnos?