O proxecto A TÚA VOZ VI é unha iniciativa orientada a promover a participación activa de persoas voluntarias no ámbito da facilitación lingüística e cultural, co obxectivo de favorecer a inclusión social da poboación migrante. A través dunha rede de voluntariado, o programa ofrece acompañamento e apoio en procesos de comunicación que presentan dificultades derivadas de barreiras idiomáticas e culturais.
O obxectivo xeral do programa é continuar impulsando a participación de persoas voluntarias vinculadas ao fenómeno migratorio, dando resposta ás necesidades específicas de comunicación que dificultan o proceso de inclusión do colectivo migrante
A TÚA VOZ vertébrase en tres liñas de acción que permiten unha mellora planificación e execución da iniciativa e facilitan os procesos de seguimento e avaliación:
✔ Sensibilización.
✔ Formación.
✔ Intervención: Acompañamento social vinculado ás accións de facilitación lingüística, acompañamento social dirixido a facilitar o coñecemento das claves culturais de grupos de poboación migrante, o acompañamento social vinculado á adquisición de competencias lingüísticas.
Financiado por:
