<< A Túa Voz V >> ten como fin crear unha rede de persoas voluntarias que actúan como facilitadores lingüísticos para aquelas persoas migrantes que non falan a lingua local, facilitando así o seu proceso de inclusión social.
Para logralo, búscase seguir impulsando a participación de persoas voluntarias vinculadas ao fenómeno migratorio, integrándoas na rede de facilitación lingüística e informativa do programa, de maneira que se poidan atender as necesidades específicas de comunicación que dificultan a integración das persoas migrantes non hispanohablantes.
Neste contexto, o programa pretende fomentar a participación activa das persoas migrantes como axentes en iniciativas que promovan a inclusión social deste colectivo en risco de exclusión.
Ademais, ofrécese formación e capacitación ás persoas voluntarias para que poidan desempeñar o seu labor de maneira efectiva. Así mesmo, trabállase para mellorar a comunicación, o intercambio e as relacións entre persoas e grupos de diferentes culturas a través de intervencións sociais especializadas.
Este programa está cofinanciado con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2023, xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Financiado por:
![]()