13 Ago, 2019 Fin do curso de Alfabetización Dixital
Hoxe rematamos o curso de Alfabetización Dixital dentro da III Gymkana Laboral de ONG Mestura que tivo lugar do 23 de xullo ao 13 de agosto.
Os e as participantes aprenderon a empregar as funcionalidades básicas do pack de libre office. Ademais, iniciáronse na ferramenta Canva.
A Gymkana pertence ao programa XOVES INTERCULTURAIS que busca crear espazos de encontro, socialización e intercambio de experiencias entre a poboación xuvenil local e migrante co obxectivo último de empoderar ao movemento xuvenil como parte activa da sociedade e motor de cambio.
Grazas o concello de Culleredo por facilitarnos o emprego da aula de informática de Vilaboa.
Financiado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.








