22 Mai, 2019 ONG Mestura imparte unha charla formativa sobre salvamento e primeiros auxilios
ONG Mestura imparte unha charla formativa sobre salvamento e primeiros auxilios. O xoves 16 de maio un dos nosos voluntarios, Adrián Martínez, ensinoulles aos nenos e nenas que participan nas aulas de apoio de Mestura os principios básicos sobre primeiros auxilios e unha introdución ao salvamento deportivo. Deste xeito, 8 rapaces e rapaces aprenderon a realizar un RCP, para que se emprega un floppy ou o uso das aletas.
Adrián Martínez é estudante de Integración Social no CIFP Ánxel Casal e membro do Club de Salvamento de Arteixo “Salvar” dende 2015. E agora mesmo está a realizar as prácticas en ONG Mestura.
Os nenos e nenas que asistiron son do proxecto Pasiños que pertence ao programa Paso a Paso.
Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo Fondo Social Europeo
Galicia 2014-2020




