31 Ago, 2017 As/Os participantes de Galeuropa xa están en Braga

Hoxe chegaron as/os seis primeiras/os participantes do programa Galeuropa a Braga, onde estiveron acompañados por dúas traballadoras da ONG Mestura. Acudiron ás instalacións de Bragamob para recibir orientacións e instrucións para iniciar a súa estadía laboral en Portugal. Tras coñecer a entidade de acollida achegáronse a ver os pisos nos que pasarán os tres meses de prácticas.


Catro dos oito irán a unha casa (abaixo queda unha imaxe das vistas que teñen) e o resto hospedaranse nun piso. A semana que ven incorporaranse as dúas últimas persoas para completar as oito totais.
O programa Galeuropa está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

