Como empregamos 10 tablets para favorecer a Alfabetización Dixital - ONG MESTURA
17304
post-template-default,single,single-post,postid-17304,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Como empregamos 10 tablets para favorecer a Alfabetización Dixital

Tablets ONG Mestura Concello Culleredo

As 10 tablets subvencionadas polo Concello de Culleredo á ONG Mestura permitiron realizar un servizo complementario nos distintos programas e proxectos da entidade. Con elas, en xeral, buscouse favorecer procesos de alfabetización dixital que faciliten a persoas en situación de vulnerabilidade social a súa integración na sociedade actual.

No caso dos talleres de alfabetización dixital do programa «Neneiras» para mulleres en situación de vulnerabilidade social e do eido rural, o uso das tablets estivo orientado á adquisición de competencias cidadás dixitais.

Para as clases de español, dirixidas a adultos migrantes, utilizáronse estes medios TIC como oportunidade para adaptar os contidos de cada clase aos intereses e particularidades de cada participante e para facilitar e estimular a aprendizaxe dun idioma.

Na «Aula intercultural», pensada para o apoio educativo de nenos e nenas con necesidades de acompañamento educativo, empregáronse as tablets para o desenvolvemento de competencias, habilidades e destrezas básicas; e para a exploración, investigación, creación, ampliar coñecementos e como ferramenta de integración

Dentro do proxecto «Xoves interculturais», traballouse de maneira complementaria o uso crítico e responsable das tecnoloxías a través dos distintos obradoiros que se levaron a cabo no proxecto. Tratáronse temas como as recomendacións e coidados á hora de conversar con outras persoas, compartir imaxes, avaliar sitios, protexer datos e equipos, realizar un uso recreativo das redes sociais e enfrontar o acoso virtual.

E para o servizo de Busca Activa de Emprego (BAE), o espazo de atención a persoas en situación de desemprego,  realizáronse coas tablets itinerarios de inserción individualizados e grupais, a elaboración de Currículum Vitae e carta de presentación, rexistro e procura en portais de emprego virtuais, preparación de entrevistas de traballo e todos os aspectos necesarios que incidan na mellora da empregabilidade.

Desta maneira os usuarios e usuarios beneficiadas pola subvención das tablets foron:

  • As clases de español beneficiaron a 10 persoas migrantes da localidade procedentes de países como Brasil, Marrocos, Romanía ou Camerún, as cales puideron mellorar o coñecemento do idioma apoiados no uso de ferramentas tecnolóxicas.
  • A Aula Intercultural acolleu a 20 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos con necesidades de acompañamento educativo.
  • O programa Xoves Interculturais tivo como participantes a 22 mozos e mozas de entre 16 a 35 anos pertencentes a distintos colectivos sociais como o migrante ou en risco de exclusión social da localidade.
  • Os talleres de alfabetización dixital foron desenvolvidos con 20 mulleres adultas da asociación Berenguelas, quenes proceden do rural do municipio de Culleredo.
  • No servizo de BAE os beneficiarios foron 15 persoas na procura de emprego as que recibiron orientación laboral.

 

A proposta foi recibida con gran implicación por parte das persoas participantes en todos estes proxectos e programas, as cales contribuíron á creación dun ambiente propicio para a aprendizaxe.

 

Tablets ONG Mestura Concello Culleredo

 

 

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es