PAI 2025 - ONG MESTURA
21532
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21532,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

PAI 2025

Acerca de este proyecto

O Programa PAI, na súa quinta edición, xustifica a necesidade de continuar ofrecendo o desenvolvemento dunha intervención que brinde acompañamento tanto na adquisición e fortalecemento de novas habilidades e destrezas como na disposición de axudas económicas que contribúan a posibilitar a superación da situación de especial vulnerabilidade na que se atopan moitas das persoas que acoden á nosa entidade na procura de apoio.

 

O Obxectivo Xeral é o de previr situacións de exclusión social severa de persoas e familias migrantes usuarias da ONG Mestura mediante a adquisición de competencias e recursos que lles permitan a mellora do seu proceso de inclusión social.

 

Os Obxectivos Específicos son:

  • Dotar ás persoas participantes de habilidades, destrezas e estratexias que incidan na mellora da súa autonomía a fin de superar a situación de exclusión na que se atopan.
  • Proporcionar resposta urxente á situacións puntuais de necesidade xeradas por emerxencia individual e familiar derivada de gastos relativos á cobertura de necesidades básicas mediante unha prestación económica de carácter extraordinario, non habitual e transitoria.

 

Financiado por:

E ti, axúdasnos?