ETAPAS 2025 - ONG MESTURA
21518
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21518,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive,cookies-not-set
 

ETAPAS 2025

Acerca de este proyecto

A segunda edición do Programa ETAPAS proporciona acompañamento psicosocial a menores procedentes de familias usuarias da entidade, permitindo o seu acceso á participación en accións que melloren o seu benestar psicoemocional. Ademais, tendo en conta que o espazo de crecemento de referencia para os nenos e nenas é en gran medida o seu fogar ou o sistema familiar ao que pertencen, as súas familias deben estar capacitadas coa colaboración dos centros educativos e doutros axentes do territorio para coidar do crecemento e da saúde mental dos/as seus/súas fillos e fillas.

 

Co obxectivo xeral de promover o desenvolvemento persoal e social de menores pertencentes a familias migrantes vulnerables mediante a realización dunha intervención de acompañamento psicosocial que mellore o seu benestar psicoemocional.

 

O Programa conta cunha serie de obxectivos específicos:

  • Proporcionar apoio psicoemocional a menores participantes a través de atencións psicolóxicas individualizadas.
  • Favorecer a súa adaptación no contexto escolar e do fogar mediante a promoción de conductas/habilidades dirixidas á mellora da convivencia.
  • Previr a aparición de condutas de risco, especialmente nos e nas nenos e nenas participantes de maior idade
  • Posibilitar a aprendizaxe de pautas de crianza saudables por parte das familias que apoien o correcto desenvolvemento dos/as menores.

 

Financiado por:

E ti, axúdasnos?