O Proxecto MESTÚRATE 2.0 é unha iniciativa orientada á dotación de dispositivos electrónicos e recursos tecnolóxicos que permitan reforzar e optimizar o desenvolvemento das accións incluídas no Programa de Voluntariado A Túa Voz.
O obxectivo xeral do proxecto é promover un desenvolvemento eficiente, coordinado e adaptado ás necesidades actuais das accións de voluntariado dirixidas á mellora da inclusión social das persoas migrantes na sociedade galega.
De maneira específica, MESTÚRATE 2.0 persegue facilitar a execución do Programa A Túa Voz mediante a adquisición, actualización e adecuación de recursos tecnolóxicos que contribúan á mellora dos procesos de comprensión, comunicación e intervención social co colectivo migrante.
Financiado por:
