Na súa segunda edición, o programa << PÏX – Emprégate >> ten como obxectivo fortalecer a empregabilidade da mocidade migrante, ofrecendo unha cobertura integral ás súas necesidades e demandas. A través deste proxecto, refórzanse as súas capacidades, reducen os obstáculos persoais e do entorno, e proporciónanse os recursos necesarios para facilitar a súa integración no mercado laboral.
O programa está dirixido a mozos e mozas migrantes en situación ou risco de exclusión, acompañándoos en itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral que lles permitan acceder e manterse no emprego.
✔ Desenvolvemento de competencias sociolaborais para mellorar as oportunidades de acceso ao mercado de traballo.
✔ Recursos, ferramentas e estratexias para a procura activa de emprego.
✔ Formación e capacitación que complementan o perfil profesional das persoas participantes.
A través desta iniciativa, queremos contribuír a que a mocidade migrante teña máis oportunidades de desenvolvemento profesional e social, promovendo unha integración real e efectiva.
Financiado por:
![]()