Un espazo socioeducativo con múltiples actividades para mozos e mozas de 6 a 17 anos de familias migrantes en situación vulnerable ou en risco de exclusión social.
Mellora da aprendizaxe e adquisición de bos hábitos de estudo.
Orientación psicopedagóxica para a mellora do benestar emocional.
Educación en valores e habilidades sociais.
Promover un estilo de vida saudable
Ademais tamén inclúe:
Participación Familiar: as familias participan na escola de nais e pais, con reunións periódicas de seguimento.
Equipamento Tecnolóxico: este proxecto inclúe unha subvención de dispositivos electrónicos para mellorar as competencias dixitais e o rendemento académico.
