27 Ago, 2019 Fin do curso de bar dentro de Xoves Interculturais
O venres 23 rematamos o curso de barista dentro da III Gymkana Laboral de ONG Mestura que tivo lugar do 19 ao 23 de agosto. Aquí tedes a galería cas fotos!
A Gymkana pertence ao programa XOVES INTERCULTURAIS que busca crear espazos de encontro, socialización e intercambio de experiencias entre a poboación xuvenil local e migrante co obxectivo último de empoderar ao movemento xuvenil como parte activa da sociedade e motor de cambio.
Gracias o Concello de Culleredo pola cesión de espazos.
Financiado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social – Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.












