20 Xuñ, 2018 Xornada no CEIP Isaac Díaz Pardo polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas
Con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas e aproveitando que o CEIP Isaac Díaz Pardo se atopa celebrando o seu 25º aniversario ONG Mestura foi convidada ao colexio para levar a cabo actos de sensibilización.
Cen nenos e nenas puideron ver a obra de teatro “Novos Veciñ@s” que conta a historia dunha familia de camelos que se ven obrigados a fuxir do seu país para vir a Galicia.
Tamén fixeron unha cadea humana e pintaron un mural cas súas mans.
Queremos agradecerlle ao CEIP Isaac Díaz Pardo a súa invitación e os pratos conmemorativos polo aniversario que lle regalaron a nosa entidade.