22 Nov, 2017 Esteamos onde esteamos: espazos libres de violencia machista
Seguimos traballando para construir espazos contra a violencia machista. Por iso, en vésperas do 25 de novembro, o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller, continuamos a sensibilizar contra a violencia de xénero en todos os ámbitos nos que desenvolvemos actuacións.
Sensibilizando nas escolas a través de dinámicas dirixidas aos nenos e nenas. Traballando coa comunidade erradicando estereotipos machistas na horta ecolóxica. E no día a día dende a nosa oficina en O Burgo, levando a cabo unha labor que sexa igualitaria e efectiva para todas as persoas. O dereito á igualdade de trato e das oportunidades entre homes e mulleres está presente en todos e cada un dos proxectos de MESTURA. Nesta línea temos especial coidado en facilitar a conciliación da vida laboral e persoal dos e das participantes nos nosos programas, facilitando un servizo de conciliación onde aqueles que teñan menores ao seu cargo poidan deixalos atendidos mentras participan nas actividades.