A iniciativa PROYECTO A posibilitou a implicación dos actores dos centros escolares da comunidade galega en temas vinculados á diversidade cultural, coa finalidade de favorecer a mellora da cohesión social e a convivencia intercultural no eido educativo.
PROYECTO A contou con dúas liñas de acción; unha dirixida aos estudantes para motivar e concienciar acerca da realidade social que viven as persoas inmigrantes e previr así actitudes discriminatorias; e outra, involucrando aos/ás docentes dos IES participantes e aos/ás estudantes dos últimos cursos dos graos en Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña para abordar accións propias que fomenten a inclusión dende unha perspectiva intercultural.
Na iniciativa participaron un total de 558 estudantes dos cursos 1º, 2º, 3º e 4º da Educación Secundaria de IES das provincias da comunidade galega.
Traballouse cun total de 25 docentes e orientadores dos IES seleccionados e nos obradoiros na Universidade de A Coruña, participaron 220 estudantes dos graos en Ciencias da Educación e Terapia Ocupacional.
Proyecto A está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia