O Programa << PAI >> está deseñado para ofrecer atención e acompañamento a familias migrantes con menores a cargo, combinando axudas económicas con intervencións específicas que favorezan a adquisición e fortalecemento de habilidades para superar situacións de exclusión social.
✔ Acompañamento personalizado para reforzar a autonomía e a inclusión social.
✔Axudas económicas extraordinarias para cubrir necesidades básicas en situacións de emerxencia.
✔ Formación en habilidades e estratexias que melloren a capacidade de xestión e autonomía das familias.
Obxectivo do programa
Previr situacións de exclusión social severa, ofrecendo ás persoas migrantes usuarias da ONG Mestura os recursos e competencias necesarias para mellorar o seu proceso de inclusión social.
A través deste programa, buscamos proporcionar unha resposta integral que combine apoio económico e formación para garantir unha mellora real e sostible na calidade de vida das persoas beneficiarias.
Financiado por:
![]()