ARCO 2025 - ONG MESTURA
21416
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21416,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

ARCO 2025

Acerca de este proyecto

O programa ARCO está dirixido a mozos e mozas migrantes de entre 16 e 35 anos en situación ou risco de exclusión social. O seu obxectivo é favorecer a inclusión sociolaboral mediante a formación, o desenvolvemento de competencias persoais e profesionais e o apoio no acceso ao emprego en igualdade de condicións.

A iniciativa promove a participación social, a convivencia e os hábitos de vida saudables, facilitando a adaptación á comunidade de acollida e impulsando estilos de vida sostibles. Ademais, acompaña á mocidade no coñecemento do contexto laboral e na preparación para o emprego ou a formación académica.

O programa desenvólvese a través de catro liñas formativas:

  • INÍCIATE: ofrece información e orientación sobre recursos xuvenís.
  • REINVÉNTATE: propón obradoiros semanais para mellorar as habilidades persoais e emocionais.
  • (RE)CONÉCTATE: reforza as competencias dixitais e inclúe actividades deportivas como paddle surf, unha etapa do Camiño de Santiago e unha saída en piragua.
  • ACTÍVATE!: achega á xuventude migrante ao mundo laboral e ao contorno social, con accións como a visita a un centro de día.

Financiado por:

E ti, axúdasnos?