AULAS DE BABEL 2025 - ONG MESTURA
21436
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-21436,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive,cookies-not-set
 

AULAS DE BABEL 2025

Acerca de este proyecto

«Aulas de Babel»

É un programa socioeducativo dirixido a menores migrantes de entre 6 e 17 anos que se atopan en situación de desvantaxe social debido a unha incorporación educativa tardía, ofrecendo un acompañamento socioeducativo continuado para favorecer o seu desenvolvemento persoal, social e educativo.

 

 

 

Os seus obxectivos son:

  • Facilitar a mellora do proceso educativo mediante actividades de reforzo académico e apoio na comprensión dos contidos escolares.
  • Promover a adquisición de habilidades, destrezas e actitudes que favorezan a autonomía persoal e as relacións interpersoais positivas.
  • Fomentar o benestar psicoemocional, a resiliencia e o autocoidado, reducindo a probabilidade de participación en situacións de risco.
  • Educar en valores, igualdade e respecto á diversidade, desde un enfoque inclusivo e de xénero.
  • Promover hábitos de vida saudables e o uso pedagóxico das TIC como ferramentas de aprendizaxe.

 

 

 

Ademais, este proxecto tamén inclúe:

  • Implicación das familias: creación de espazos de escoita activa, diálogo e seguimento para reforzar a aprendizaxe, a motivación e as rutinas diarias.
  • Mediación intercultural: actuación como ponte entre as familias e os centros educativos para facilitar a comunicación e a integración escolar.
  • Intervención continuada: metodoloxía centrada no proceso evolutivo dos/as menores, garantindo aprendizaxes significativas e atención á diversidade en igualdade de condicións.

 

Financiación:

                         

 

 

Fundación Santander: I Convocatoria “Educación para a infancia e adolescencia vulnerable”. Importe subvencionado: (20.000€)
Deputación da Coruña, mediante:
Programa FOAXE-P: Convocatoria dos programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 23.600,00€ (79,35 % do proxecto: 29.741,65€)
• Programa FOIE : Convocatoria dos programas de atención psicosocial e intervención socioeducativa dirixidos a menores en situación de risco ou conflito social. Importe subvencionado: 10.419,13€ (80 % do proxecto: 13.023,91€)

E ti, axúdasnos?