O programa SAIMI continúa na súa quinta edición, ofrecendo apoio psicoemocional a mulleres inmigrantes para fortalecer o seu benestar emocional e promover a súa inclusión social. A través de diversas intervencións psicosociais, traballamos para atender as súas necesidades e proporcionarlles ferramentas que favorezan a súa autonomía.
Nesta edición, o programa desenvolve as seguintes accións:
✔ Acompañamento psicoemocional personalizado, axudando ás mulleres participantes a identificar, xestionar e expresar as súas emocións para mellorar o seu benestar.
✔ Grupos de apoio entre iguais, onde as mulleres participantes comparten experiencias, afrontan desafíos emocionais e reforzan o seu crecemento persoal e social.
✔ Accións de empoderamento e autonomía grupais, proporcionando estratexias que faciliten a toma de decisións no seu benestar físico, emocional e social.
✔ Sensibilización e difusión, mediante a elaboración de materiais que visibilizan a importancia da saúde integral na comunidade migrante en Galicia.
Con esta nova edición, reafirmamos o noso compromiso de acompañar e fortalecer ás mulleres participantes no seu camiño cara a unha vida plena e saudable.
Financiado por:
![]()