Celebramos o Día Mundial da Persoa Refuxiada cun acto multicultural - ONG MESTURA
18731
post-template-default,single,single-post,postid-18731,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
20 junio, dia mundial del refugiado, acto, baile, tango galicia, angelia danza oriental, capoeira a coruña, ong mestura,

Celebramos o Día Mundial da Persoa Refuxiada cun acto multicultural

Onte ONG Mestura levou a cabo un acto para celebrar o 20 de xuño o Día Mundial das persoas refuxiadas. O evento realizouse no salón de actos de Servizos Multiples de Culleredo onde os e as asistentes foron invitadas a unha sesión de bailes de varias partes do mundo.

Primeiro 4 nenas de As Nosas Cores, o programa de ONG Mestura, bailaron Kpop. Despois, a escola de baile Tango Galicia, en dous pases, fixeron unha mostra de diferentes danzas: unha coreografía inspirada nos anos 40, tango arxentino, hip hop, bachata e un pasobre.

Tamén contouse coa intervención do grupo Angelina Danza Oriental, un grupo recoñecido internacionalmente que gañou premios en festivais en cidades como Sicilia, O Cairo, Xixón, París, Barcelona, Salamanca ou Madrid.

O espectáculo de danzas finalizouse co grupo Capoeira Coruña de Ouro.

Para pechar o acto 5 usuarios e usuarias de ONG Mestura leron un manifesto a favor das persoas refuxiadas.

Por último, todos os e as asistentes foron convidadas a unha merenda multicultural preparada por familias usuarias da entidade. Os ingredientes para preparar as pastas e o té foron doados por Gadisa.

Grazas ao Concello de Culleredo por cedernos o espazo; a Gadisa polos ingredientes; a Tango Galicia, Angelina Danza Oriental e Capoeira Coruña de Ouro pola súa colaboración para facer posible o acto e a todas as familias que acudiron, especialmente as que cociñaron a merenda.

Moitas Grazas a todos e a todas.

admin
mestura@gmail.com


E ti, axúdasnos?