A Xunta inaugura o novo centro de ONG mestura en Culleredo con 17 prazas para a atención ás persoas en risco de exclusión - ONG MESTURA
19005
post-template-default,single,single-post,postid-19005,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,no_animation_on_touch,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

A Xunta inaugura o novo centro de ONG mestura en Culleredo con 17 prazas para a atención ás persoas en risco de exclusión

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguraron hoxe o noso novo centro de inclusión social da ONG Mestura en Culleredo. Unhas obras que contaron cun financiamento de 66.000 euros por parte do Goberno galego, o 80% do custe total, e que poñerán á disposición da entidade 17 prazas para atender ós colectivos máis vulnerables, especialmente ás persoas migrantes.

Ademais, a conselleira participou nos actos de celebración con motivo do Día de Migrante organizados por Mestura. Alí, sinalou que o obxectivo do Executivo autonómico é conseguir unha Galicia máis amable e integradora, para o que estimou imprescindible a colaboración da administración coas distintas entidades. Fabiola García gabou o traballo realizado por Mestura na inclusión das persoas migrantes a través do seus cursos de lingua, talleres para a inserción laboral ou programas de voluntariado.

A conselleira lembrou que Galicia ten un forte vínculo coa migración que lle permite coñecer á perfección a situación das persoas que, por unha razón ou por outra, chegan á nosa Comunidade en busca dun presente e dun futuro mellor. Fabiola García afirmou que agora é o momento de que as galegas e galegos sexamos bos anfitrións e colaboremos en converter a Galicia no mellor lugar de acollida.

Horario do centro: Luns a xoves de 9h a 19h e venres de 9h a 15h

Servizos que presta a entidade:

 Servizo de información e orientación

 Traballo social

 Servizo de orientación laboral

 Servizo de mediación intercultural

 Servizo xurídico

 Servizo de conciliación

 Servizo de formación

 Accións de sensibilización intercultural

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es