XOVES INTERCULTURAIS: GYMKANA LABORAL - ONG MESTURA
17058
post-template-default,single,single-post,postid-17058,single-format-gallery,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

XOVES INTERCULTURAIS: GYMKANA LABORAL

 

O luns 3 de xullo comezou a gymkana laboral levada a cabo pola ONG Mestura. Esta actividade pertence o programa “Xoves interculturais”. Neste primeiro acto participaron rapaces e rapazas de entre 16 e 35 anos de Culleredo, Arteixo, Cambre, Oleiros e A Coruña.

Durante todo xullo realizarán actividades prelaborais de motivación, capacitación e unha saída en grupo á natureza. E, en agosto, iniciarán o curso de bar.

A gymkana inaugurouse cunha charla informativa realizada no edificio de Servizos Múltiples gracias a colaboración do Concello de Culleredo. A actividade está financiada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

O venres 7 organizouse unha segunda charla informativa para as persoas participantes que non puideron acudir á primeira. Desta forma, todos/as están listos/as para as seguintes sesións que se desenvolverán semanalmente.

admin
mestura@gmail.com


E ti, axúdasnos?