Xornada de sensibilización en migración - ONG MESTURA
17314
post-template-default,single,single-post,postid-17314,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Xornada de sensibilización en migración

SENSIBILIZACIÓN EN M IGRACIÓN ONG MESTURA

ONG Mestura colabora na realización dunha xornada para a sensibilización nas comunidades educativas sobre a realidade das migracións forzosas.

Enlace ao Cartel e tríptico

O curso levarase a cabo o 5 de outubro de 10:00 a 14:00 na Aula 0/2 da Facultade de CC da Educación do Campus de Elviña da UDC. O evento é gratuíto e hai  25 prazas dispoñibles, con inscrición previa no seguinte formulario de inscripción.

Este curso é unha iniciativa de Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización e Participación Social. Coa colaboración da Oficina de Voluntariado e Cooperación e a Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña

Contidos:

Os/as mestres/as e terapeutas ocupacionais teñen un papel relevante como axentes mediadores e facilitadores de procesos pedagóxicos de transformación social.
A xornada ten una metodoloxía teórico-práctica e de traballo participativo, por parte dos asistentes:
1ª Sesión (10.00 – 12:00): Boas prácticas en educación para o desenvolvemento: Experiencia da ONG Mestura
– As migracións forzosas
– A historia dos “Nov@s Veciñ@s”.
– Recursos didácticos en educación para o desenvolmento.
2ª Sesión (12:15–14:15): Obradoiro Práctico:
Guía didáctica para a sensibilización
– Analizando a situación social e cultural das migracións forzosas
–  Valorando recursos da comunidade para a educación
– Creando unidades didácticas para a inclusión dos nov@s veciñ@s.
A sesión completarase cun traballo autónomo e colaborativo dos asistentes que será entregado 2 semanas posteriores á xornada.

 

Máis info: tpousada@udc.es / 981 167000 Ext. 5967

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es