Xornada de sensibilización en migración na UDC - ONG MESTURA
17409
post-template-default,single,single-post,postid-17409,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
Xornada de sensibilización en migración na UDC

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN EN MIGRACIÓN ONG MESTURA UDC

Hoxe ONG Mestura levou a cabo a xornada para a sensibilización nas comunidades educativas sobre a realidade das migracións forzosas. O curso realizouse de 10:00 a 14:00 na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Elviña da UDC.

A primeira parte do curso consistiu en presentarlle ás vinte e cinco participantes os diferentes proxectos que desenvolve ONG Mestura sobre prácticas en educación para desenvolvemento e sensibilización intercultural. Como o ‘Programa As nosas cores’, o Programa Neneiras’, etc. Estes proxectos ofrecen a familias migrantes e/ou en situación de vulnerabilidade, un espazo lúdico-educativo de calidade para os seus fillos/as; estruturado en torno a unha aula de reforzo educativo intercultural e a un espazo de atención integral a familias que lles facilite tamén a conciliación laboral e familiar. Deste xeito, fíxose un recorrido polo miúdo dos recursos didácticos e accións formativas destes programas durante os últimos anos, atendendo especialmente aos seus efectos nos nenos e nenas.

Para trasladar e reforzar os contidos referentes as migracións forzosas leváronse a cabo as mesmas accións que ONG Mestura realiza co alumnado nas escolas. Primeiro, representouse a obra con marionetas “Nov@s Veciñ@s”, que conta a historia dunha familia de camelos que se ven obrigados a fuxir a outro país polo ataque de serpes ao seu oasis. Posteriormente, esta representación acompañouse dunha sesión de musicoterapia.

Na segunda parte executouse un obradoiro práctico no que as asistentes tiveron que propoñer unha guía didáctica para a sensibilización intercultural na que analizaran a situación social e cultural das migracións forzosas e
valoraran os recursos da comunidade para a educación. Esta xornada completarase cun traballo autónomo e cooperativo dos asistentes que será entregado en 2 semanas posteriores á xornada.

Este curso é unha iniciativa de Educación para o Desenvolvemento, Sensibilización e Participación Social. Coa colaboración da Oficina de Voluntariado e Cooperación e a Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña.

Oficina de Voluntariado e Cooperación

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña

Enlace ao Cartel e tríptico do curso.

As fotos da xornada:

admin
mestura@gmail.com

E ti, axúdasnos?