Visita de traballo do comité do Fondo Social Europeo e da Comisión Europea á ONG Mestura - ONG MESTURA
18056
post-template-default,single,single-post,postid-18056,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Visita de traballo do comité do Fondo Social Europeo e da Comisión Europea á ONG Mestura

O 26 de abril os integrantes do comité de seguimento do programa operativo do Fondo Social Europeo 2014-2020 correspondente a 2017, con representantes da unidade do FSE do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e da Comisión Europea realizaron unha visita de traballo á ONG Mestura en Culleredo.

Na visita coñeceron a Sede da Ong Mestura en A Corveira e a Sede no Centro Municipal “A Escada” en O Burgo. Durante a xornada o comité estivo presente en diferentes actividades desenvolvidas pola entidade como as clases de español, a Horta Ecolóxica Interxeracional e un Café de Expertas. O acto rematou no Centro Cívico Municipal Virginia Blanco en Fonteculler onde os nosos usuarios e usuarias foron as/os protagonistas pois levaron a cabo unha cerimonia do té e elaboraron os pinchos que tomaron coa comisión.

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es