TheCoolCouseling no Programa Xoves Interculturais - ONG MESTURA
17078
post-template-default,single,single-post,postid-17078,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

TheCoolCouseling no Programa Xoves Interculturais

Rosa Botas Cal é psicóloga e profesional dos recursos humanos.

Estudou a licenciatura de Psicoloxía na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid e licenciouse no 2001 tras meses de prácticas con nenos/as e anciáns. Durante 2001-2002 fixo o Máster de Recursos Humanos, especializado en Compensación e Beneficios do Centro de Estudios Garrigues e a partir de entón comezou a súa carreira profesional no mundo dos RRHH coñecendo diversas empresas desde dentro: Inditex, Campofrio, Applus +, SAP e Hijos de Rivera.

No ano 2011 retoma a formación psicoterapéutica e especialízase en psicoterapia humanista individual e de grupo. No 2013 deixa o mundo da empresa e céntrase no mundo das persoas e crea “The Cool Counseling” co ánimo de ofrecer asesoramento a empresas en materia de persoas e acompañamento a persoas no seu desenvolvemento vital.

O martes 18 Rosa Botas estivo cos rapaces e rapazas da Gymkana Laboral na actividade denominada Charlas de Experiencias para que os/as participantes coñecesen a súa traxectoria e traballo. Durante a mañá estiveron coñecendo os perfís de cada persoa, valorando calidades e déficits, claves de motivación, marcaxe de metas, etc. Así, puideron coñecer estratexias de preparación de entrevistas e consultar as dúbidas que xorden cando acoden a un proceso de selección.

Ana Veira Ferrin
Ana Veira Ferrin
trabajosocial@ongmestura.es