SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO PARA 10 TABLETS - ONG MESTURA
17404
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-17404,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE CULLEREDO PARA 10 TABLETS

Tablets ONG Mestura Concello Culleredo Tablets ONG Mestura Concello Culleredo
Categoria
Fotos
Acerca de este proyecto

As 10 tablets subvencionadas polo Concello de Culleredo á ONG Mestura permitiron realizar un servizo complementario nos distintos programas e proxectos da entidade. Con elas, en xeral, buscouse favorecer procesos de alfabetización dixital que faciliten a persoas en situación de vulnerabilidade social a súa integración na sociedade actual.

No caso dos talleres de alfabetización dixital do programa “Neneiras” para mulleres en situación de vulnerabilidade social e do eido rural, o uso das tablets estivo orientado á adquisición de competencias cidadás dixitais.

Para as clases de español, dirixidas a adultos migrantes, utilizáronse estes medios TIC como oportunidade para adaptar os contidos de cada clase aos intereses e particularidades de cada participante e para facilitar e estimular a aprendizaxe dun idioma.

Na “Aula intercultural”, pensada para o apoio educativo de nenos e nenas con necesidades de acompañamento educativo, empregáronse as tablets para o desenvolvemento de competencias, habilidades e destrezas básicas; e para a exploración, investigación, creación, ampliar coñecementos e como ferramenta de integración

Dentro do proxecto “Xoves interculturais”, traballouse de maneira complementaria o uso crítico e responsable das tecnoloxías a través dos distintos obradoiros que se levaron a cabo no proxecto. Tratáronse temas como as recomendacións e coidados á hora de conversar con outras persoas, compartir imaxes, avaliar sitios, protexer datos e equipos, realizar un uso recreativo das redes sociais e enfrontar o acoso virtual.

E para o servizo de Busca Activa de Emprego (BAE), o espazo de atención a persoas en situación de desemprego,  realizáronse coas tablets itinerarios de inserción individualizados e grupais, a elaboración de Currículum Vitae e carta de presentación, rexistro e procura en portais de emprego virtuais, preparación de entrevistas de traballo e todos os aspectos necesarios que incidan na mellora da empregabilidade.

Desta maneira os usuarios e usuarios beneficiadas pola subvención das tablets foron:

  • As clases de español beneficiaron a 10 persoas migrantes da localidade procedentes de países como Brasil, Marrocos, Romanía ou Camerún, as cales puideron mellorar o coñecemento do idioma apoiados no uso de ferramentas tecnolóxicas.
  • A Aula Intercultural acolleu a 20 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos con necesidades de acompañamento educativo.
  • O programa Xoves Interculturais tivo como participantes a 22 mozos e mozas de entre 16 a 35 anos pertencentes a distintos colectivos sociais como o migrante ou en risco de exclusión social da localidade.
  • Os talleres de alfabetización dixital foron desenvolvidos con 20 mulleres adultas da asociación Berenguelas, quenes proceden do rural do municipio de Culleredo.
  • No servizo de BAE os beneficiarios foron 15 persoas na procura de emprego as que recibiron orientación laboral.

 

A proposta foi recibida con gran implicación por parte das persoas participantes en todos estes proxectos e programas, as cales contribuíron á creación dun ambiente propicio para a aprendizaxe.