SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA (SAP) - ONG MESTURA
18559
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-18559,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA (SAP)

Categoria
Fotos
Acerca de este proyecto

Este servizo busca favorecer a integración social de persoas en risco de exclusión social, e particularmente de mulleres que presentan dificultades de adaptación, mediante o desenvolvemento de intervencións psicolóxicas para adquirir/potenciar recursos personais e mellorar o benestar psicosocial.

Leváronse a cabo accións grupais e individuais para o empoderamento de mulleres do rural na xestión de emocións, a prevención de situacións de estrés en mulleres coidadoras, fortalecemento de habilidades sociolaborais e atención de circunstancias derivadas dun proceso migratorio, entre outras.

Dito servizo realizase a través da subvención para o fomento do emprego por medio de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, o cal pretende a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de servicios de interese xeral e social co obxecto de proporcionarlles a experiencias e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

 

Operación subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e financiada polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.