Mestura no Camiño - ONG MESTURA
19589
page-template-default,page,page-id-19589,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Mestura no Camiño

A Ong Mestura lanza ‘Mestura no Camiño’, unha iniciativa que busca o intercambio de experiencias e a relación activa entre poboación e cultura no marco do proxecto “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia

 

 

A primeira das accións céntrase na captación de persoas voluntarias interesadas en aportar experiencias neste percorrido.

A Ong Mestura, situada no concello de Culleredo, comeza dende hoxe a iniciativa MESTURA NO CAMIÑO co obxectivo de facilitar a relación activa entre poboación e cultura, fomentando o desenvolvemento e a participación social así como o intercambio de experiencias. Para acadar esta meta, a iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia que, a través do programa “O teu Xacobeo”, colabora no proxecto cunha achega de preto de 13.000 euros
O proxecto pretende dinamizar o Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago de Compostela pasando por terras do interior: Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes e Oroso a través de tres liñas de acción:

  • Potenciar a formación de persoas voluntarias da entidade para que proporcionen información, orientación e coñecemento sobre o patrimonio cultural.
  • Achegar a diversidade cultural que ofrece o Camiño aos peregrinos/as nas diferentes rutas.
  • Promocionar un espazo que visibilice vivencias e recursos existentes do Camiño e promova a convivencia intercultural.

Neste senso, a primeira acción e a mais inmediata é a captación de persoas voluntarias interesadas en aportar experiencias neste percorrido.

Para iso, desde a ONG Mestura faise un chamamento a todas as persoas dos concellos e fora deles que queiran colaborar no proxecto. Unha vez feita a selección e formación dos/as voluntarios/as darase paso a segunda das fases que se iniciará no mes de xuño, e sempre e cando a situación epidemiolóxica o permita.

E ti, axúdasnos?