Finalizados (UE) - ONG MESTURA
17473
page-template-default,page,page-id-17473,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

FINALIZADOS (UE)

 

Fomento do emprego a través de programas de cooperación

MesturOla ofreceu un servizo de orientación laboral adaptado ás características particulares dos nosos usuarios. A través deste servizo impartíronse talleres de procura activa de emprego, formación laboral e pre laboral e orientación laboral individual, buscando sempre a máxima inserción laboral como ferramenta fundamental da inserción social.

Financiado por:

Coa idea de potenciar o usos das novas tecnoloxías na procura de emprego, naceu o proxecto Conecta@s, un proxecto que pretendía romper a fenda dixital existente entre colectivos en especial vulnerabilidade mediante a formación presencial, o desenvolvemento de portais e páxinas con información sobre ofertas laborais, formativas, recursos para a procura activa de emprego, consellos útiles na procura de emprego, directorio de entidades especializadas en orientación laboral a colectivos desfavorecidos, diferenzas culturais entre a procura efectiva de emprego no seu país de orixe e en España, etc.

Financiado por: