02 Out, 2017 Fin do curso de atención no domicilio a persoas maiores
O pasado venres 29 de setembro concluíu o curso de atención no domicilio a persoas maiores. Dende o luns 4 dese mesmo mes trece mulleres recibiron esta formación en Bergondo, cunha duración total de 80 horas. Na despedida estivo presente a alcaldesa do concello, dona Alejandra Pérez Máquez.
Este curso encadrouse dentro do Programa Neneiras edición 2016 – 2017 e estivo cofinanciado pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e pola Unión Europea dentro do Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014 – 2020.