Comeza o programa Galeuropa - ONG MESTURA
17136
post-template-default,single,single-post,postid-17136,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

Comeza o programa Galeuropa

Mestura Radio Galeuropa

A coordinadora de ONG Mestura Liliana Rodrigues, e Julio, un dos participantes no programa Galeuropa interviñeron o día 24 na radio municipal de Culleredo para falar sobre estas prácticas en Braga. Tamén entrou por teléfono outra participante, Regina Aparicio.

Galeuropa é o programa a través do cal se realizan prácticas formativas en Braga con gastos cubertos e apoio continuo por parte de ONG Mestura. En concreto nesta edición, acuden 8 participantes de Galicia, con perfís que van dende psicólogos, educadoras sociais, profesionais do sector audiovisual, etc.

Serán 3 meses de prácticas, en empresas portuguesas segundo a elección que fixeron. A entidade de acollida é a encargada de proporcionar e buscar esas prácticas. Os participantes elixiron como lugar de prácticas traballos semellantes os que desenvolven empresas españolas, e deste xeito personalizáronse ao máximo os seus requerimentos.

O programa Galeuropa está cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es