ONG Mestura charla formativa sobre salvamento e primeiros auxilios
18708
post-template-default,single,single-post,postid-18708,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
Charla formativa salvamento auxilios

ONG Mestura imparte unha charla formativa sobre salvamento e primeiros auxilios

ONG Mestura imparte unha charla formativa sobre salvamento e primeiros auxilios. O xoves 16 de maio un dos nosos voluntarios, Adrián Martínez, ensinoulles aos nenos e nenas que participan nas aulas de apoio de Mestura os principios básicos sobre primeiros auxilios e unha introdución ao salvamento deportivo. Deste xeito, 8 rapaces e rapaces aprenderon a realizar un RCP, para que se emprega un floppy ou o uso das aletas.

Adrián Martínez é estudante de Integración Social no CIFP Ánxel Casal e membro do Club de Salvamento de Arteixo «Salvar» dende 2015. E agora mesmo está a realizar as prácticas en ONG Mestura.

Os nenos e nenas que asistiron son do proxecto Pasiños que pertence ao programa Paso a Paso.

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo Fondo Social Europeo

Galicia 2014-2020

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es