As/Os participantes de Galeuropa xa están en Braga - ONG MESTURA
17157
post-template-default,single,single-post,postid-17157,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

As/Os participantes de Galeuropa xa están en Braga

Galeuropa Mestura Braga

Hoxe chegaron as/os seis primeiras/os participantes do programa Galeuropa a Braga, onde estiveron acompañados por dúas traballadoras da ONG Mestura. Acudiron ás instalacións de Bragamob para recibir orientacións e instrucións para iniciar a súa estadía laboral en Portugal. Tras coñecer a entidade de acollida achegáronse a ver os pisos nos que pasarán os tres meses de prácticas.

Galeuropa Mestura Braga

Galeuropa Mestura Braga

 

 

 

 

 

 

 

Catro dos oito irán a unha casa (abaixo queda unha imaxe das vistas que teñen) e o resto hospedaranse nun piso. A semana que ven incorporaranse as dúas últimas persoas para completar as oito totais.

O programa Galeuropa está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

Galeuropa Mestura Braga

Galeuropa Mestura Braga

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es