A horta ecolóxica de ONG MESTURA - ONG MESTURA
17148
post-template-default,single,single-post,postid-17148,single-format-standard,cookies-not-set,ajax_fade,page_not_loaded,,no_animation_on_touch,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 

A horta ecolóxica de ONG MESTURA

horto mestura

Estas caixas conteñen as hortalizas e verduras cultivadas na horta ecolóxica da ONG MESTURA, que se encontra no Xardín Botánico «Ría do Burgo». A persoa encargada de atender o pequeno terreo de labranza é Mhamed, un usuario moi competente en agricultura, que xa en Marrocos se adicaba a estes labores. A súa actividade na horta resultou moi positiva tanto para el como para a entidade.

Algunhas familias reciben produtos desta horta ecolóxica, e tamén, algúns nenos e nenas do programa «As Nosas Cores» entran en contacto coa natureza e aprenden algúns dos procedementos básicos do agro, como regar ou recoller hortalizas.

Neste caso, o contido destas caixas foi doado ás persoas responsables de que esta horta puidese levarse a cabo. Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Culleredo.

Este proxecto intégrase dentro do programa «Paso a Paso», e está financiado pola Consellería de Política Social (Xunta de Galicia) e o Fondo Social Europeo.

 

Daniel Veira Ferrin
comunicacion@ongmestura.es