227 persoas atendidas dentro do programa Paso a Paso - ONG MESTURA
18190
post-template-default,single,single-post,postid-18190,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-content-sidebar-responsive,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive
 
inclusion, conciliacion, paso a paso,

227 persoas atendidas dentro do programa Paso a Paso

Dende abril de 2017 a xuño de 2018 atendemos a 227 persoas traballando co programa Paso a Paso.

Desas 227 a 30 elaboróuselles un itinerario completo. O resto das atencións consistiron en servizos de conciliación (50 persoas); formación, curso de intervención integral coas persoas con Alzheimer (9) e curso de limpeza en interiores (8); e os servizos de asesoramento xurídico (85) e de mediación (146).

O programa Paso a Paso ten en conta as diferentes necesidades e prioridades detectadas entre a poboación migrante  ou desempregada e o mercado laboral, articulando un servizo sociolaboral especializado en coordinación e apoio á labor prestada por parte dos Servizos Sociais municipais e o Servizo Público de Emprego de Galicia, facilitando a inserción sociolaboral do colectivo migrante e colectivos vulnerables.

 

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo Fondo Social Europeo

Galicia 2014-2020

admin
mestura@gmail.com


E ti, axúdasnos?